en Vigo, María José Bravo Bosch, inauguraron este xoves no Corte Inglés da cidade olívica a exposición das coleccións finalistas da especialidade de moda do certame ‘Xuventude Crea’, compostas por cinco pezas cada unha.
A gañadora do certame foi Sheila Pazos de Pontevedra, coa colección Cu-cú; o segundo posto foi para Noelia Taibo de Vedra (A Coruña), coa colección «Inner voice; e o terceiro para Sara Gago López da Coruña, coa colección «Dúo».
O resto de coleccións finalistas foron «Nativas» de Elena Barcia Vaz de Chapela; «Aix en provence» de Marta Díez González de Nigrán e «Luz do Leste» de Irene Muíños Pereira de Mos (Pontevedra). As coleccións estarán expostas ata o 15 de novembro.
Rodeiro destacou que «desde a Consellería de Traballo e Benestar apostamos polo desenvolvemento dos mozos, polo establecemento de vías de respaldo á creatividade da mocidade e por converter este certame nunha plataforma de lanzamento para amosar os seus proxectos creativos».
Lembrou que «o certame Xuventude Crea pretende crear un espazo para que os mozos e mozas poidan exercitar as súas habilidades, poñer en marcha e ensaiar solucións
innovadoras, valorar o exame crítico das obras e outorgarlles visibilidade».
Rodeiro engadiu que no certame se produciu un incremento de proxectos presentados e de mozos participantes en relación coa edición pasada. En concreto, presentáronse un total de 263 proxectos, individuais e en grupo, para as once especialidades previstas: teatro, música, artes plásticas, deseño de xoias, carteis, banda deseñada, relato breve, poesía, moda, videocreación e graffiti. Foron 358 os participantes, mozos e mozas galegas ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos.
Os premios nas 11 especialidades son 3.000 euros para os gañadores; 1.500 euros para os segundos; e 1.000 euros para os terceiros. Os premios poden ser compartidos. E por outra banda, tamén se poden outorgar mencións de honra, sen dotación económica.
Gañadores das outras especialidades
Así mesmo, Rodeiro recordou que xa se coñecen os nomes dos gañadores noutras especialidades. En banda deseñada a gañadora foi Xulia Vicente Jiménez co traballo «Se os
produtos son bos….»; o segundo para Paloma Tarrío Alves con «O pescador de tempos»; e o terceiro para Jose Nuno Fraga Martins coa obra «Apicultor de homes». O xurado destacou mencións de honras para Cynthia Alfonso Barreiro por «El pozo y el péndulo» e para Sara piñeiro Fernández con «Drevo».
En carteis, o primeiro premio foi para Beatriz Ventosinos Candame coa obra «Historia do camiño»; o segundo para Lara Esperante Ingelmo coa obra «Descubre»; e o terceiro para Andrés Horacio Bonader Robador co traballo «Motívate!». Así mesmo, o xurado destacou unha mención de honra para Io Morales Sánchez polo seu traballo «San francisco de Asís.
800 aniversario».
Na especialidade de deseño de xoias, Alberto Blanco Taboada recibiu o primeiro premio polo traballo «Orografía»; Sonia Fernández Gandasegui o segundo premio coa colección «Inflorescencia»; e o terceiro premio foi para a colección «Areais» de Daniel Rivas Fernández.
E Eva Soto Conde recibiu unha mención de honra pola colección «Diálogo con el arte».
Polo que se refire á especialidade de teatro, o primeiro premio foi para Os Farsantes Teatro pola obra «Vincent», o segundo para a Asociación cultural Pinchacarneiro Teatro por «Tralo telón» e o terceiro premio para Teatro La Passoire pola obra «Fétide nettoyage».
En videocreación, o primeiro premio recaeu en Francisco Javier llinares Barral polo proxecto «Anima», o segundo en Miriam Rodriguez Domínguez pola obra «Mareas» e o terceiro en Nuria Mosqueira Varela polo traballo «Aldea 1991-2014».
Na categoría de relato breve, o primeiro premio foi para Daniel Barral Calvo pola obra «Stalingrado», o segundo para Raquel Fernández González por «1987» e o terceiro polo obra «Zapato» recaeu en Irma Pérez González.
Finalmente na categoría de graffiti, Brais Rodríguez Trigo coa obra «Estilo salvaxe» obtivo o primeiro premio; Tirso Paz Sans o segundo polo traballo «Movemento» e Adrián Loma Balea con «O.V.N.I.» foio terceiro premiado. Así tamén Abraham Caride Fernández con «Liberdade» obtivo unha mención de honra.
Nos vindeiros días fallaranse as especialidades de música, poesía e artes plásticas. E o acto final de entrega de premios aos premiados das 11 especialidades terá lugar o próximo 19 de novembro.