«Xa choveu dende aquilo», lembrou o rexedor, pois esta proba comezou en 1984 coa organización da AVA ata 1990, competición «que retomamos o ano pasado» a nivel organizativo, indicou o presidente do club, ademais creador desta carreira.
A proba, con saída na Praza do Rei e chegada ao Berbés para un total de 7,7 quilómetros é «unha gran carreira cunha parte importante de ‘running’ popular e tamén de participación popular», sostivo Caballero, que ademais incidiu en que «se combina a calidade dunha parte dos participantes e a forma de facer vida saudable doutro número significativo».
Co percorrido habitual e saída ás 21:00 horas, o xefe do goberno municipal invitou «a que participe a cidadanía para facer unha vida saudable correndo unha proba destas características». «…E ao acabar a carreira ímonos ás fogueiras de San Xoán», concluíu.
Eleuterio García, presidente da AVA, calculou que se manterán os máis de 900 atletas do ano pasado, mentres que Silva e Comesaña explicaron que esta é «a mellor carreira de Vigo».
A inscrición está aberta ata o día 21 e a de San Xoán é a quinta do circuíto Run Run Vigo de carreiras populares. Este ano, ademais, voltan as sardiñas para festexar o final da carreira.