Segundo informou a concesionaria, trátase dun vehículo totalmente respectuoso co Medio Ambiente xa que reduce as emisións de CO2, a contaminación acústica e o consumo de combustibles fósiles. «Vitrasa é unha empresa comprometida co entorno no que opera e busca as solucións máis sostibles e que redunden nun mellor servizo aos cidadáns», afirma a empresa.
O obxectivo da compañía e incorporar este vehículo de forma experimental e a partir deste luns estará operativo na Circular Centro. O novo bus de 12 metros de lonxitude ten capacidade para 23 persoas sentadas e 61 de pé e conta con dous espazos reservados para dúas persoas con mobilidade reducida. O autobús conta con piso baixo integral e rampa eléctrica.