Presentacións e sinaturas de libros, obradoiros, contacontos, actividades de maxia e coloquios son algunhas das propostas que se desenvolverán na feira, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 horas.
Na inauguración estiveron presentes o alcalde, Abel Caballero, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Caballero animou á cidadanía a sumarse a esta cita que, dende este venres e durante dez días, ten programadas presentacións de novidades literarias, coloquios e outras actividades de animación e promoción lectora na Porta so Sol onde están presentes catorce librerías da cidade.
A Federación de Librarías de Galicia e a Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Cultura, promoven as Feiras do Libro de Galicia para favorecer o comercio editorial e a dinamización da lectura, cun calendario que este ano deu comezo o pasado mes de abril en Pontevedra e que proseguiu por Ferrol, O Porriño, Lugo, Ourense, Redondela e Ribeira.
As próximas paradas das feiras serán nos concellos de Rianxo (do 21 ao 24 de xullo), na Coruña (do 1 ata o día 10 de agosto), en Viveiro (do día 12 ao 15 de agosto); en Foz (do 18 ao 21 de agosto); e, finalmente, en Monforte de Lemos (do día 24 ao 27 de agosto), onde porán fin ao seu percorrido polas catro provincias galegas.