Abel Caballero avanzou este mércores que existen 450 solicitudes, en tanto que en Bouzas habería espazo para 200 ou 250 postos, mentres que en Coia -máis pequeno- poderán instalarse 110 ou 120 vendedores. Está previsto que a principios de agosto arranque a actividade en Coia e a continuación o fará en Bouzas.
O rexedor avanzou que o venres publicarase na páxina web do Concello o listado provisional dos vendedores admitidos para instalarse en Bouzas e Coia. O listado definitivo será público o 28 de xullo e, mentres tanto, aqueles que o precisen poderán achegar a documentación que lles quedou pendente.
«Tal e como determina a normativa vixente, os 450 solicitantes teñen que estar dados de alta na Seguridade Social, estar ao día no Imposto de Actividades Económicas, dispoñer de seguro de responsabilidade civil e cumprir os requisitos para vender cada tipo de produto, como alimentos», afirmaou. Caballero explicou que a normativa aplicada aprobouse en 1999 e reiterou que «o proceso vaise seguir con transparencia e legalidade, como corresponde».