Formado nas artes plásticas e visuais e considerándose a si mesmo un músico «de ouvido», Pelayo Fernández Arrizabalaga (Laredo, 1949) botou man de aparellos visuais para comprender a notación musical. O que nacía como un sistema de apoio no seu desenvolvemento musical tomou forma como proxecto plástico-musical coa construción dun círculo cromático de notas. A nota DO era vermella e, fronte a ela, SI era dun ton verde prado. Primero foron temas de Charlie Parker pasados a cor; despois a escritura cromática de «Giant Steps» de John Coltrane e, como derivación lóxica, naceu a partitura xiratoria. Un cadro, si, pero susceptible de ser lido por un intérprete musical.
Sen abandoar o concepto «partitura» pero afastándose do pentagrama tradicional, as obras de Pelayo Fernández foron incorporando novos símbolos e elementos xeométricos, en boa parte polo achegamento do artista á electroacústica. Seguía os pasos de compositores como Karlheinz Stockhausen ou Mauricio Kagel no uso de partituras gráficas.
Pelayo Fernández Arrizabalaga estudou Belas Artes en Madrid e durante os anos setenta foi saxofonista e clarinetista en formacións de jazz como Orgón e José Antonio Galicia Flamenco Jazz. Nos anos oitenta fundou Clónicos con Markus Breus, levando aos escenarios xoguetes, taladros, serras mecánicas, radios, tocadiscos, casettes, gongs, percusións, instrumentos convencionais e non convencionales «e cables, moitos cables». Desde 1993 vive en Suíza, onde continúa a desenvolver proxectos de música improvisada e electrónica.
As partituras gráficas de Pelayo Fernández non son só visualizacións das súas composicións. En Vigo presenta unha selección de quince pezas de diferentes tamaños e formatos, a través deas cales achegouse á obra de músicos nos que tiña un interese especial: Claude Debussy, Olivier Messianen, Gianto Scelsi ou Jimmy Lyons. Nos traballos gráficos ideados polo artista non falta a representación de diferentes parámetros musicais: altura, volume, silencio, ruído, dinámica, duración, ritmo. Tamén improvisa con liñas e cores que logo interpreta.
Así acontece na peza «Transbordo espacial», na que os intérpretes poden escoller diferentes camiños para a improvisación nunha rede de metro que combina liñas e transbordos. Unha peza sobre o chan, de grande tamaño, doce por catro metros, con lugares de cruce de liñas que funcionan como puntos de « Transbordo », puidendo o intérprete cambiar a outra liña de forma similar a como se fai no metro das cidades. Estes puntos de transbordo son lugares de parada e improvisación.
O día da inauguración, serán os membros de Vertixe Sonora Ensemble os que interpreten a peza gráfica, en concreto Mario Peris, violín, Pablo Coello, saxofón, Felipe Agell, clarinete, e Nerea Rodríguez, acordeón.
A exposición permanecerá aberta ao público ata o 4 de setembro de 2016.