Autor polifacético, descatou como escritor de relatos, novelas, literatura infantil, articulista, como biógrafo e tradutor. Foi membro da Real Academia dende 1977, deputado autonómico polo PSOE nas eleccións de 1981 e presidente do Consello da Cultura Galega en 1996.
Obtivo o Premio da Crítica de narrativa galega en tres ocasións polas súas obras «Xoguetes para un tempo prohibido», «Deus sentado nun sillón azul» e «O sol do verán». As marcas máis características do seu estilo narrativo foron o humor, a sencillez e a claridade no tratamento dos temas que afectan ao mundo de hoxe en día. Na súa honra se lle otorgou a un instituto vigués o seu nome e tamén ao colexio de educación primaria de Nigrán, localidade onde faleceu en 2002. En Vigo, ademáis, está a fundación que leva o seu nome.
Así, Carlos Casares é unha das figuras máis relevantes do panorama literario galego recente, tanto desde a súa faceta como escritor como desde a de crítico literario. Entre a súa extensa obra destacan novelas tan significativas como «Os mortos daquel verán» ou os libros de relatos «Vento ferido» e «Os escuros soños de Clío».
Aínda que optou maioritariamente pola narrativa, especialmente a través de novelas e contos, tamén ten obras de ensaio e investigación. A crítica distingue dúas etapas na súa obra: unha vangardista e anovadora que se inicia en 1967 con «Vento Ferido», e outra máis realista que comeza en 1980 con «Ilustrísima». Ademais, dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento.
Cómpre lembrar tamén outras obras súas como «Cambio en tres», «Xoguetes para un tempo prohibido» ou «Os mortos daquel verán»; así como as súas incursións no mundo infantil coa peza de teatro «As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas» ou o conto titulado «O can Rin e o lobo Crispín».
Homenaxe
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria salientou a ampla produción bibliográfica de Carlos Casares, que o converte nunha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas. Cómpre destacar o amplo traballo en prol da nosa lingua e cultura propias dentro da institución que o escolle como persoeiro ao que se lle dedicará o Día das Letras Galegas 2017.
Ao longo dos próximos meses, a Consellería de Cultura e Educación traballará da man coas máximas institucións culturais do país, nomeadamente coa Real Academia Galega e co Consello da Cultura Galega, así como coa propia Fundación Carlos Casares e mais a súa familia, para elaborar unha programación que contribúa á difusión da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2017.