O representante do Evil XMS marcou o mellor tempo scratch e impúxose na clasificación Élite por diante de Gabriel Alonso (Xtrembike) e Rubén Villanueva (Tribu del Ñu).
O Club Ciclista Coruxo asumiu a organización deste evento en colaboración cos clubes vigueses Bici Verde, Singletrack Outdoor Sports e +Enduro. Baixo o apoio da Federación Galega de Ciclismo, conseguiron que este campionato fose todo un éxito e un exemplo de boa coordinación e comunicación de cara á cita estatal desta semana na que todos volverán a formar parte do Comité Organizador.
Preto dun centenar de participantes inscríbironse nesta proba disputada no trazado de 1,5 kilómetros de lonxitude que conecta o Alto do Mauxo co Torreiro de San Sebastián. Un circuíto seco, moi rápido e duro físicamente, que remata co seu mítico e espectacular salto final.
Na quenda clasificatoria Ferreiro ratificou a súa condición de favorito firmando o mellor crono scratch (2:39:697). Superou en dous segundos ao Master-30 Rubén Castro (X Bikes) e en tres segundos ao Sub23 Marcos Veiga (BTT Esmelle). O rider vigués, oito veces campión de España, foi a máis na final e parou o reloxo en 2:36:506, aventaxando en tres segundos a Gabriel Alonso e en cinco a Rubén Castro.
O título que non revalidará o corredor do Evil XMS será o estatal o vindeiro domingo. Esta temporada está máis centrado na especialidade de Enduro e o seu obxetivo esta semana será a cita das Enduro World Series na localidade italiana de La Thuile.
Cinco campións máis
Ao máis alto do podio de Coruxo subirón outros cinco vencedores nas súas categorías. Marco Veiga, actual líder do Open de Galicia DH, gañou en Sub23 tras bater a Manuel Martínez (Tribu del Ñu) e Pablo Agrafojo (Xbikes).
En junior o título tamén lle correspondeu a un representante do Esmelle. Neste caso o campión foi Kevin Méndez, que sacou o máximo partido á caída do seu compañeiro de equipo Andrés Quintela, que se tivo que conformar co bronce. Marcos Fernández (Esmelle) completou o triplete ferrolán. Mentres, Álex Paz retivo a coroa en cadetes. O rider do C.C. Compostelano foi máis rápido que o seu compañeiro Víctor Mariño, segundo, e que Marco Martínez (Corbelo), terceiro.
Pola súa parte nos masters, o vigués Rubén Castro fixo valer a súa condición de líder do Open de Galicia. No podio Master-30 estivo escoltado por Alejandro Vila (Laesport) e Borja Comesaña (Coruxo). Entre os máis veteranos o desenlace resultou do máis emocionante con Marcos Balbuena (Bici O Con), campión de España 2015) gañando por un segundo de diferencia a José Manuel Verdía (School Riders), líder do Open de España, en Master-40/50/60. A terceira posición ocupouna Miguel Ángel Pintos (Coruxo).