Segundo informou o 112, un familiar deu con el cando estaban a piques de dar as 22 horas do martes. O falecido fora pescar e, ante a súa demora, a familia saíu na súa procura. Ao cabo dun tempo, o virou na auga nunha zona de pouco caudal. Pensaron que estaba falecido e así o confirmaron minutos despois os médicos de Urxencias Médicas.
No seu rescate participaron os Bombeiros do Baixo Miño, membros do GES da Guarda e voluntarios de Protección Civil da localidade, que foron alertados polo persoal do CAE 112 Galicia. O home tiña 73 anos de idade e era veciño da parroquia de Carregal.