O Centro xa contaba anteriormente cun busto de Rosalía de Castro, realizado en bronce, que desapareceu durante a realización das reformas do edificio, quedando unicamente a peaña sobre a que se sostiña. A peza que a vai substituír foi elaborada polo alumno da Escola de Cantería Daniel Acuña Mariño, ten un tamaño de 65 centímetros e foi realizada con granito galego.
Deste xeito, a institución provincial quere aportar o seu gran de area no legado dunha das figuras máis relevantes da historia da cultura e a literatura galegas que foi, ademais, precursora do movemento feminista e deixou frases como a seguinte: “Porque todavía no les es permitido a las mujeres escribir lo que sienten y lo que saben (rólogo da súa primeira novela, “La hija del mar”, 1859).