A cita comezará o venres pola mañá e continuará ao longo de toda a fin de semana nos 11 campos dispostos. O balonmán praia máis espectacular poderá vivirse a través do streaming de pista central (na páxina web da Real Federación Española de Balonmán) e de Teledeporte, que emitirá dous partidos durante a mañá do sábado e as finais sénior a partir das 12 horas do domingo. Ademais,
o espectáculo en Laredo irá máis aló do deportivo, xa que o Campionato de España de Balonmán Praia 2016 contará con speaker, DJ, cheerleaders, concurso de shoot-out, pantallas xigantes, bancadas para 1.800 persoas e moito máis.
Na categoría sénior masculina participarán un total de 44 equipos divididos en 11 grupos de catro equipos cada un. O balonmán praia galego contará con tres representantes: PTV HandStard, BMP Painkillers e BMP Painkillers Vilatrade. Na categoría sénior feminina a participación será de 23 equipos e o conxunto galego presente é o BMP Painkillers AC Kalo.
Na categoría xuvenil masculina (con 16 equipos) participarán o Servisub Area Bueu e BMP Paradise, mentres que na feminina (13 equipos participantes) o conxunto galego presente é o BP Panchitas. Ademais, os representantes na categoría cadete son: BMP Pescados e Seis do Nadal FM (femininos) e Minizas Painkillers (masculino). Por último, os equipos infantís galegos presentes en Laredo son BM Pescados masculino e feminino.