Mentras que na categoría absoluta hai 360 persoas, nas demáis suman 371 (dende pitufos a cadetes). Aberta a federados e non federados, o control da carreira estará a cargo dos xuíces da Federación Galega de Atletismo. Nesta ocasión, o evento deportivo colaborará co proxecto de Unicef «Gotas para Níxer», polo que se anima aos participantes a que fagan o seu donativo.
Os circuitos discorren entre o Porto de Panxón e Praia América, son percorridos chairos sobre a area mollada da praia, coa marea baixa. A carreira absoluta (nados en 2000 e anos anteriores) será ás 11.30 horas cunha distancia de 6.000 metros.
10:30 Cadetes Femininos/Masculinos (2001/2002) 3.000 m
Infantís Femininos/Masculinos (2003/2004) 1.500 m
Alevíns Femininos/Masculinos (2005/2006) 1.000 m
Benxamíns Femininos/Masculinos (2007/2008) 500 m
11:30 CARREIRA ABSOLUTA (2000/anteriores) 6.000 m
Pre-benxamíns Femininos/Masculinos (2009/2010) 300 m
Pitufos Femininos/Masculinos (2011/2012) 100 m
Os dorsais e chip serán entregados polo club organizador dende o venres no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas ata 30 minutos antes da celebración da carreira. Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría, tanto feminina como masculina, e medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías de alevín ata cadete e a todos os pitufos, prebenxamíns e benxamíns ate fin de existencias. Premiarase ademáis ao primeiro atleta feminino e masculino do Val Miñor na carreira absoluta.
Haberá avituallamento ao fin da carreira, servizo de ambulancia e duchas no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón.
O Concello desexa sumarse con este evento deportivo ao proxecto ‘Gotas para Níxer’, unha campaña de mobilización escolar en apoio do programa de supervivencia infantil que UNICEF desenvolve neste país africano. Os seus principais obxectivos son:
– Promover o acceso a auga potable e a un saneamento adecuado do 60% da poboación.
– Erradicar a poliomielitis e eliminar o tétanos materno e neonatal.
– Elevar ata un 40% o número de partos atendidos por persoal cualificado.
– Reducir o índice de desnutrición crónica infantil por baixo do 25%.