O Estadio Municipal de Atletismo de Balaídos será a instalación deportiva onde se realicen as probas físicas, para as cales os colexiados galegos están citados ás 08:30 horas. O remate do control físico e o exame de regras de xogo, as Xornadas retomaranse pola tarde co saúdo de benvida do presidente do Comité Técnico de Árbitros, Bernardino González Vázquez, tralo cal a actividade centraranse no apartado técnico ca realización de varias charlas técnicas por parte do director técnico do CTA, Julio Amoedo Chas, e os árbitros do fútbol profesional Ignacio Iglesias Villanueva, Rubén Eiriz Mata e o vigués David Pérez Pallas. Só os árbitros que superen os controis físicos e técnicos poderán comezar a arbitrar na tempada 2016/2017.
Os Asesores Arbitrais, nova denominación dos anteriormente coñecidos como informadores, están citados ás 09:45 horas no Hotel Hesperia de Vigo para unha xornada de traballo baixo a supervisión de Roberto González Martínez, vogal de Información, Cualificación e Clasificación do Comité Técnicos de Árbitros, que comezará a actividade ás 10:00 horas co resume da tempada anterior, instrucións sobre a cumplimentación do informe arbitral para o presente curso e un exame de regras de xogo. Xa pola tarde, os asesores arbitrais uniranse a programación dos árbitros e árbitros asistentes ata as 20:30 horas, cando o Presidente do CTA, Bernardino González Vázquez, clausurará as Xornadas Arbitrais.