O obxectivo destas obras é mellorar as instalacións de depuración da Guarda, na que se tratan as augas residuais dos concellos de A Guarda e O Rosal. O obxectivo é realizar melloras nos sistemas de control e automatización da planta e na propia edificación, para que a depuración se poda levar a cabo de forma máis eficiente.
Para executar estes traballos, o Goberno galego achegará máis de 60.000 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)
No encontro, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destacou que a Xunta seguirá apostando pola máxima colaboración cos concellos galegos para a posta en marcha de infraestruturas e servizos. Tras a sinatura do convenio de colaboración, Augas de Galicia pode licitar este contrato nas próximas semanas.