Estas actuacións están enmarcadas nun paquete de obras de rehabilitación da capa de rodadura en catro estradas autonómicas da provincia de Pontevedra, entre as que tamén se atopan a PO-329, PO-331 e PO-511, nos Concellos de Mos, O Porriño, Vigo, Tui, Gondomar e Nigrán. Este contrato consta dun orzamento total de máis de 605.000 euros que serán achegados polo Goberno galego, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).
Na estrada PO-340, as obras consistirán na rehabilitación localizada mediante fresado e reposición, no treito comprendido entre os PK 16+700, en Gondomar, e 19, no enlace coa A-57.
Unha vez rematados estes traballos, as accións de reforzo de firme continuarán na PO-331, onde se levará a cabo a reparación dos puntos que presentan deformacións ao longo de toda a estrada, de 19,1 metros de lonxitude. Os treitos obxectos das melloras desenvólvense polos Concellos de Mos, O Porriño, Vigo e Gondomar.
Na estrada PO-329 tamén se realizará unha rehabilitación localizada ao longo de toda a estrada, de 850 metros de lonxitude, que é unha das travesías do Porriño.
No que se refire á estrada PO-511, mellorarase o firme ao longo de toda a estrada, de 510 metros de lonxitude, nos Concellos de Mos e O Porriño.