Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia estableceuse comunicación con Urxencias Médicas. Os efectivos sanitarios enviaron unha ambulancia ao punto. A muller acabou sendo evacuada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Sanxenxo
Ademais, outra persoa foi rescatada na praia de Major, en Sanxenxo. Unha persoa particular informaba ao 112 Galicia contra as 19:00 horas de onte da presenza dunha persoa na auga, nunha zona perigosa. O CAE 112 alertou a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Os feitos tamén foron postos en coñecemento do GES de Sanxenxo e da Garda Civil.
Finalmente, unha persoa particular acabou rescatando ao bañista, que se atopa en bo estado de saúde.