Unha persoa particular alertaba da situación ao 112 Galicia ás 16:15 horas desta tarde. O persoal do CAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Médicas e dos Bombeiros de Ponteareas. Tamén se informou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.
O ciclista foi trasladado en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Ademáis, outro ciclista foi rescatado no concello ourensán de Leiro logo de caer por un desnivel. A vítima circulaba por un camiño de terra en Corneira, preto dun encoro, cando perdeu o control da súa bicicleta.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 14:00 horas de hoxe, a través da alerta de Urxencias Médicas. Os efectivos sanitarios solicitáronlle axuda ao Centro de Atención ás Emerxencias do 112 para rescatar ao ciclista. Deste xeito, alertouse ao GES de Avión e á Garda Civil.
Os efectivos mobilizados rescataron á vítima, que foi trasladada nunha ambulancia a un centro sanitario.