A actividade está organizada por Montes de Vigo e pola asociación A Golpe de Pedal Vigo. O obxectivo é facer consciente aos cidadáns de todo o potencial de saúde, entretemento e paseo que teñen as 13 comunidades de montes e, por outra banda, a forma de facelo a través dun medio que diversifica a mobilidade de forma sustentable como é a bicicleta.
José Manuel , da AGDPVigo e Uxío, de Montes, informaron que este evento é popular, dirixido a toda a familia. Non ten interese deportivo ou de competición e enmárcase nas políticas activas de promoción deste medio que desenvolve a AGDPVigo, como a recollida de bicis para a súa redistribución, o impulso de mocións a favor doutra mobilidade ou a “Pedaliña” que se celebra en plena cidade.
O cupo máximo de participantes é de 300, polo que a actividade require primeiro unha inscrición en dous posibles formularios, o da Área de Uso Social do Monte ou en AGDPVigo. A organización roga chegar cedo, pois haberá recollida de dorsais antes da carreira.