A idea das e dos profesionais do Centro de Saúde de Gondomar é fomentar as relacións e a interacción coa veciñanza do concello, de xeito periódico no tempo, que poida servir, a través do que se podería chamar educación para a saúde, para optimizar os recursos sanitarios de que dispoñemos a través dun bo uso dos mesmos.
Con ese motivo, e dada a proximidade da campaña da gripe 2016, propoñemos unha primeira posta en común a través da realización dunha charla-coloquio en cada parroquia, impartida por persoal sanitario do centro, baixo o título «Como prepararnos para a Gripe?». O formato consistirá nunha pequena charla introductoria, de en torno a uns 15 minutos, seguida unha rolda de preguntas e dúbidas dos asistentes.
Para a organización das charlas contan coa colaboración da Coordinadora de Entidades Veciñais de Gondomar que, previo contacto coas entidades sociais das parroquias, elaborou este calendario final.
Calendario:
Martes 4 – Chaín – 20:00 – Centro Cultural
Mércores 5 – Mañufe – 20:30 – Centro Cultural
Xoves 6 – Peitieiros – 19:00 – Centro Cultural
Venres 7 – Morgadáns – 19:00 – Escolas Guillufe
Venres 7 – Vilaza – 20:30 – Centro Cultural
Luns 10 – Couso – 20:00 – Centro Veciñal
Luns 10 – Donas – 19:30 – Centro Cultural
Martes 11 – Gondomar – 19:00 – Centro Neural
Venres 14 – Borreiros – 20:30 – Centro Cultural