Vigo acolleu este luns a entrega dos premios Galicia Spin-Off, promovidos polo Banco Pastor e o portal de ciencia galega GCiencia coa colaboración da Fundación Barrié e Gadis.
Na modalidade de “Idea Emerxente” resultou gañadora AllGenetics, polo seu sistema pioneiro que permite analizar o impacto sobre o medio ambiente dos produtos utilizados nos laboratorios. Neste mesmo apartado quedou finalista Lupeon, por contribuír a ampliar o mundo de posibilidades na impresión 3D, un dos sectores con máis perspectivas no eido da innovación.
Pola súa banda, na modalidade de “Selo de Calidade” resultou gañadora Galchimia, cunha aposta pola investigación química que xa está dando o salto á internacionalización.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, particparon na entrega dos premios, celebrada este luns en Vigo.