Dende o próximo lunes, 24 de outubruo, ata o domingo, día 31, é posible facer unha ruta guiada (19:00 a 21:30 horas) polo cemiterio de Pereiro para coñecer os segredos artísticos que agocha. Con 25 prazas diarias e destinada a persoas maiores de idade interesadas en coñecer a arte funerarias e a historia de Vigo, o Concello programa visitas nas que se pode descubrir tumbas e panteóns que reflexan o apoxeo comercial e económico da cidade nos séculos XIX y XX. Dende Cachamuiña e Concepción Arenal a Elduayen ou García Barbón, un percorrido polo camposanto de Pereiró para coñecer as orixes da urbe..
As inscricións realizaranse presencialmente na oficina municipal de información turística, sita en Cánovas del Castillo, 3, (Estación marítima de Ría), en horario de 10:00 a 17:00 horas, desde o vernes día 21 de outubro de 2016 ata o día anterior á realización da cada visita, en tanto haxa prazas, sábado e domingo inclusive. Os datos obrigatorios de inscrición son o nome completo e o teléfono móbil de contacto.
Cada persoa só poderá inscribirse a si mesma e a un acompañante no día que escolla, e a adxudicación de prazas faise por estrito orde de solicitude, polo que non se habilitan listas de espera.
Máis información na web vigo.org e web turismodevigo.org, oficina municipal de información da casa do Concello, oficina municipal de turismo. Para información telefónica: 010 (desde móbil 986 810 260) e Tel 986 22 47 57 de Turismo de Vigo Correo-e: turismodevigo@vigo.org».