Pamela Woods introducirá ao alumnado da ESAD ao «Sounding Dance Improvisation», un traballo de procura auspiciado pola universidade londiniense que parte dos principios de Laban, o «deep listening» e «Taketina». Un traballo corporal de improvisación completa que se encamiña cara a Performance Física. O intercambio co Reino Unido é unha canle importante a través da cal dar a coñecer a potencialidade dxs futurxs creadorxs galegxs.
Afonso Rivera, importante pedagogo da especialidade de Interpretación Xestual da ESAD de Galicia, destaca a colaboración ca Universidade de Exeter, de referencia mundial, que el visitou no pasado curso académico. A comunidade académica, profesional e cultural de Galicia ten unha oportunidade de coñecer de preto o traballo de Pamela Woods estes días en Vigo.