Os profesionais do 112 Galicia recibiron os primeiros avisos ao fío das 20:00 horas da tarde do xoves dende varios puntos da xeografía galega, como Vigo, Oroso, Taboada ou Allariz. Nesta última localidade, Protección Civil explicou ao 112 que foron varios veciños os que aseguraron ter visto o suposto meteorito.
En Láncara, entre tanto, unha muller aseguroulle ao 112 Galicia que vira caer un corpo incandescente nun prado. Polo de agora, o Centro de Atención ás Emerxencias non ten constancia de que os corpos mobilizados atoparan os restos dese posible meteorito. As forzas da orde, así e todo, volverán esta mañá inspeccionar a zona na procura dalgún indicio.
Segundo explicou á Televisión de Galicia o profesor e investigador do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago José Ángel Docobo, o obxecto incandescente observado no ceo desde varios puntos de Galicia «ten pinta de ser un bólido» de materia «cósmica».
#Meteorito cayendo en el N de Burgos @Euskalmet se va visto desde Euskadi, A Coruña, León, Valladolid y Cantabria. Esperando más datos. pic.twitter.com/8lWFUh74wN
— Gorka Hermoso (@GorkaHermoso1) 27 de octubre de 2016
@GorkaHermoso1 @Euskalmet pic.twitter.com/v4HFjoa9Mv
— mikel gl (@mikelgomezlecue) 27 de octubre de 2016
¿alguien mas a visto el meteorito desintegrándose desde León? pic.twitter.com/Ihev7RlA9N
— José Luis Sánchez (@jlsanchezleon) 27 de octubre de 2016
Acabo de ver un #Meteorito desde Cantabria ???? que chulo!! Aquí la estela… pic.twitter.com/Y3IkDIHfbn
— ??????MOREX? (@MoreSeal) 27 de octubre de 2016