No de Nigrán as flores están colocadas sobre media ducia de grandes maceteiros trasladados para a ocasión, mentras que en Parada prantaronse directamente na terra. Neste último camposanto, ante a inexistencia prácticamente de vexetación, ubicáronse tamén dous cipreses de 5 metros de alto e dous camelios dun metro. Paralelamente, mellorouse a axardinouse o espazo público do entorno do camposante de Panxón con máis flores e disposición de bancos.
«Queremos manter os cemiterios en perfecto estado durante todo o ano e así o estamos a facer, pero de cara a festividade de Defuntos, que é cando máis visitas reciben, é tamén importante que o Concello esté á altura e os engalane, amosando así o debido respeto», sinala o alcalde, Juan González.
O goberno local acadou este ano a regularización de ambos espazos tras tramitar as diferentes autorizacións e obter o informe favorable das consellerías impricadas, o que na práctica supón a súa automática legalización. Grazas a isto, o Concello levou a cabo a ampliación do de Parada, con 36 novos nichos por importe de preto de 35.000 euros.
«Era necesario arranxar este asunto porque sin estar adaptados os dous camposantos a actual normativa sanitaria resultaba imposible acadar ningún tipo de permiso para facer obras de ampliación e incluso de mellora no recinto», conclúe o alcalde, Juan González.
Por outra banda, a comunidade de propietarios do cemiterio de Priegue, coa mediación do Concello, está dando os pasos oportunos para acadar a legalización que o adapte á normativa autonómica tras presentar un proxecto e ter as obras rematadas. Así, dende a propia Alcaldía remitiuse xa á Consellería de Sanidade a petición para que faga a inspección oportuna. “É un compromiso de goberno e unha promesa electoral traballar para solucionar este problema no menor tempo posible e estamos a punto de alcanzalo. Tras catro anos convulsos en Priegue por unas polémicas obras iniciadas no 2012, para a tranquilidade de tódolos propietarios, pronto estará regularizado”, resume González.
Horarios en Vigo
O Concello de Vigo informou a tódolos usuarios dos cemiterios municipais que, por mor da festividade de Tódolos Santos, os devanditos cemiterios permanecerán abertos ininterrompidamente dende as 9,00 ata as 18,30 horas, os días 30 e 31 de outubro e 1 e 2 de novembro.