Deste xeito o convenio prorrógase ate o 30 de xuño do ano próximo e inclúese a actuación dunha instalación anexa a portería sur do campo das Relfas en Sárdoma para adestramento. En San Andrés de Comesaña o estudo da substitución do terreo de xogo e no campo de Castrelos a valorización da posibilidade da instalación de herba artificial.
Nestes campos desenvólvese unha intensa actividade deportiva. No das Relfas, por exemplo, xoga os seus partidos como local o Sárdoma, que milita na Segunda División do fútbol feminino.
O importe engadido a este convenio é de 397.326,96 euros. Deste xeito as actuacións en mantemento, reparacións e melloras ao amparo deste convenio entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra alcanzará a sete campos de fútbol da cidade.