A adhesión do Concello o pasado mes de abril ao convenio entre Xunta e Fegamp supón esta implementación nas instalacións sen prácticamente gasto algún para as arcas municipais. A maiores, a suma a este convenio permítelle ao consistorio aforrar uns 10.000 euros anuais ao non ter xa que abonar o transporte e tratamento dos RAEE. Na adhesión a esta nova plataforma de xestión traballou a enxeñeira contratada a través da Deputación de Pontevedra que, ademais de colaborar en Servizos Urbáns, analiza e mellora todos os procedementos que se empregan no Punto Limpo.
«Se queremos un Nigrán máis sostible e respetuoso co medio o primordial é concienciar á xente sobre a importancia do uso do Punto Limpo e reforzar o seu funcionamento», incide Juan González, alcalde de Nigrán.
Precisamente, con este obxectivo Concello de Nigrán e Cespa levaron adiante recentemente unha campaña informativa para potenciar o seu bo uso mediante o reparto entre os veciños de 10.000 folletos informativos cos seus correspondentes imáns (campaña a coste cero para o Concello ao correr todo a cargo dos fondos de 8.000 euros anuais que a concesionaria Cespa debe aportar a medidas de concienciación social).
O Punto Limpo de Nigrán recibiu en 2015 un total de 350 toneladas de restos de poda, 9´5 de ordenadores e televisores, 16 toneladas de cascallos e 11 toneladas de equipos eléctricos pequenos, entre outros.