Organizada entre Concello de Nigrán e Peña Ciclista Val Miñor, a marcha, cunha dificultade media-alta, empeza no pavillón de deportes de Panxón ás 9:15 e transcurre polos montes das parroquias de Camos, Chandebrito, Parada… O percorrido ten unha lonxitude duns 40 km, alcanza una altitude máxima de 409 metros e o punto de maior desnivel ten unha pendente dun 21,2%. En condicións normais, débese facer entre as 4 e 3 horas e media. Pola súa banda, o trail consta de 16 km nunha ruta cunha dificultade media e perfectamente realizable, este sae do pavillón ás 10:00 horas e ten unha duración aproximada de 2,5 horas.
Finalmente, o Concello de Nigrán organiza unha andaina de 13 km de dificultade media-baixa. Esta parte ás 10:00 horas dende o Pavillón e as inscricións deben facerse alí mesmo entre as 9:00-9:30. A duración estimada é de 2,5 horas. A ruta vai ata Monteferro, rodeando a península e despois percorrendo o paseo de Panxón e Praia América para rodear Lourido e regresar ao pavillón polo interior.
Tódalas probas constan de seguro e haberá asistencia sanitaria e mecánica, ambulancia, Protección Civil, duchas e lavado de bicicletas, ademáis de aperitivos e agasallos. No caso da BTT, é obrigatorio o uso de casco.
Coma en anteriores edicións, terá un fin solidario, polo que se invita aos participantes a que doen 1 kg de alimentos non perecedeiros que irán destinados á oficina de Cáritas na Ramallosa.
A marcha BTT & Trail e andaina do Concello de Nigrán é ante todo unha marcha de amigos, onde o único realmente importante é participar e disfrutar dunha paisaxe que fusiona mar e montaña para practicar un deporte que require esforzo, habilidade, capacidade de superación e respeto á natureza.