«Estamos traballando duro para que as obras poidan empezan canto antes, o noso obxectivo é que sexa antes de decembro e polo momento os prazos para que así sexa son os axeitados. En calquera caso, son proxectos cruciais para o noso municipio cos que o goberno local está comprometido ao cen por cen, polo que dun xeito ou doutro se van realizar», incide Juan González, alcalde de Nigrán.
O pavillón de Panxón, tras case trinta anos de vida e aínda que o seu estado de conservación é bo, presenta carencias relativas á normativa de seguridade e accesibilidade, mentras que, dende o punto de vista estético, a súa apariencia está anticuada e carente dun criterio homoxeneo tralas múltiples reformas que se lle foron facendo sen un nexo común. Unha das prioridades desta reforma que se vai a contratar é converter ao lugar nun espazo accesible para tódolos deportistas e visitantes, á marxe das súas capacidades psíquicas ou físicas e acorde así co proxecto de «Un Nigrán para todos» que serve de referencia para calquera intervanción. Para isto, entre outras medidas, eliminaranse os sobresaltos (converténdoos en ramplas accesibles), crearanse percorridos acondicionados e reformarase un dos locais para albergar os vestiarios adaptados.
En prol da mellora da seguridade, limitarase o aforo e incorporaranse as instalacións contra incendios axeitadas. Ademais, sinalizaranse os percorridos de evacuación e reformaranse as saídas de emerxencia. Así mesmo, renovaranse as instalacións de fontanería e electricidade, introducirase un novo sistema de ventilación, colocaranse paneis solares para a produción de auga quente, dotaranse de nova iluminación, novos asentos no graderío… En canto á estética, para renovar a súa faciana e outorgarlle un aspecto de conxunto homoxéneo, entre outras intervencións, cambiaranse os pavimentos e carpinterías. «Todas estas actuacións redundarán na emenda das deficiencias que agora presentan as instalacións do edificio e dotarán ao polideportivo dunha estética conxunta e renovada, acorde cos usos e o momento actual», resume o alcade.
Levar o abastecemento de auga á parroquia de Parada é outro dos obxectivos deste goberno, que no pleno do pasado mes de xullo decidiu asumir o custo das obras con cargo ao remanente de Tesourería tras ter revocado a Xunta unilateralmente o convenio (en contra de toda a corporación). O obxectivo é levar a agua a Parada polo barrio de A Carrasca para dar servizo aos barrios de Carrasca, Laxe, Tinde ou Igrexa, xa que Aqualia e Concello están ultimando o proyecto que a leva a unha parte desta parroquia e de Camos a través de Nandín. Esta ampliación da rede de abastecemento que se vai contratar mediante a instalación dunha nova conducción beneficiará a preto de mil veciños residentes no entorno (na parroquia actualmente se surten mediante pozos ou traídas comunais). «O primordial é que se fagan as obras e con este obxectivo as contratamos íntegramente dende o Concello, xa que un dos nosos compromisos electorais é levar saneamento e abastecemento a tódalas parroquias», asegura González.