Este novo roteiro seguro implica a construcción de beirarrúas que discorrerán dende a Praza do Concello e ao carón das escolas infantís e antigas casas dos maestros (un espazo moi degradado), permitindo así un acceso peonil completamente seguro e que outorga máis protagonismo á Praza (ata o momento os ecolares teñen que atravesar rúas e camiñar ata o centro escolar por viais con moito tráfico empregado indistintamente por vehículos ou peóns). “A mobilidad peonil é a forma máis natural e básica de desprazarse, actualmente nesta contorna o viandante ocupa un segundo plano, cando precisamente debe ser todo o contrario, máximo se estamos a falar de nenos que se desprazan cada día a pé ao colexio», explica o alcalde, Juan González.
A esta obra se engade a recente mellora da seguridade vial en Alcalde Manuel Alonso, ao lado de Concello, e a instalación dun paso peonil elevado antes de chegar ao cruce con Vilameán para diminuir así a velocidade dos vehículos.
Posteriormente, e dentro do mesmo proxecto de humanización do núcleo nigranés, se rehabilitarán as antigas casas dos mestres para contribuír a dinamizar o centro de Nigrán dende a cultura e a atención as persoas. Trátase dun radical cambio con respecto á idea do anterior goberno, que pretendía derribar as casas e facer aparcadoiros. “Queremos por en valor toda a zona e que se converta nun verdadeiro punto de encontro da veciñanza, unha filosofía que tamén levaremos a outros puntos do municipio”, asegura González.