O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu conta este luns da entrega, por parte de Unicef, do premio do VIII Certame de Boas prácticas, dereitos da infancia e política municipal co que recoñece o «esforzo do Concello en favor da infancia». Así, destacou a atención ás nenas e nenos do seu goberno con políticas como as bolsas de inglés, as bolsas de libros e de comedor, das que se benefician ata 5.000 familias que non poden sufragar os gastos de estudos polas súas circunstancias económicas, a acción deportiva, os parques infantís ou o turismo familiar.