O foco de atención na adolescencia responde a que é un periodo no que se forma a identidade persoal, se asentan os estereotipos de xénero e, por tanto, a masculinidade tradicional, así coa os mitos sobre o amor, a parella, a amizade, a familia ou as relación de poder. É por tanto nesta idade xurden as primeiras manifestacións da violencia machista.
O novidoso desta campaña é que o lema seleccionado, «Elixe que te traten ben», xurdiu da man da propia xuventude de Nigrán a través de foros de debate organizados os últimos dous meses polo o Concello no IES Val Miñor, IES Probal, e no CPI de Panxón (en total, preto de un cento de alumnos de 4º ESO). Con este lema e o deseño gráfico da nigranesa Olalla Fernández elaboráronse bolsas, chapas, mochilas, rotuladores e material informativo que será distribuído entre a mocidade a partires de mañá mesmo, cando responsables do Centro de Información á Muller (CIM) e a edil de Igualdade, Ana Pérez, acudan aos centros educativos a entregárllelo primeiramente aos participantes nos foros. Asimesmo, farase unha distribución masiva por correo electrónico e nas redes sociais, ademáis de estar dispoñible o material para os interesados no CIM e OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) e na propia andaina do sábado.
Os grupos de discusión co alumnado foron unha iniciativa pioneira no Concello que consistiu en tratár a través do debate entre iguais as relacións afectivas e a violencia de xénero, extraendo como conclusión unha frase en positivo que invita a buscar relacións saudabels e non violentas. O termo “elixe” fai fincapé na posibilidade de rexeitar as relación de mal trato, por iso continúa con «elixe confianza, elixe liberdade, elixe amizade, elixe coidar, elixe falar os problemas, elixe sentirte ben, amar é respectar”. A imaxe que o acompaña representa as mans e antebrazos da mocidade alzadas cun xesto de aceptación e invitación ás relacións de bo trato. «A formación en igualdade é a ferramenta mais útil para previr e evitar que as futuras relacións poidan ser nocivas», insiste a edil de Igualdade, Ana Pérez.
Ademais, coma no ano 2015, o sábado realizarase unha andaina circular de 5 km contra a violencia machista que partirá ás 16.15 do Concello para ir por Panxón e o Río Muíños e rematar no Auditorio Municipal sobre ás 17.30 horas, onde se lerá o manifesto e realizará un pequeno concerto a cargo da cantautora galega Alba María.
A ultima macroenquisa de violencia contra a muller realizada pola Delegación do Goberno para a violencia de xénero no ano 2015 revela que o 18,7 % das mulleres de 16 a 19 anos que teñen parella sufriron violencia de control exercida pola parella nos últimos 12 meses frente a media de 9,5% das mulleres de calquera idade que teñen parella.
Compre recordar que dende o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Nigrán (sito en Estrada pola Vía, 65) ofrécese un servizo gratuíto de atención e asesoramento ás mulleres vítimas de violencia onde se informa e axuda cos recursos existentes (servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xurídicos e sociais) garantizando sempre a máxima confidencialidade e anonimato. Por outra banda, o Concello de Nigrán sumouse recentemente ao «Protocolo para a detección e tratamento na empresa de situacións de violencia de xénero producidas dentro e fora dos lugares de traballo», impulsado dende a Deputación de Pontevedra.