O rexedor reuniuse este mércores con representantes do Sindicato Unificado de Policía para abordar temas de interese para a cidade, entre eles, a proposta para o cambio no tratamento que recibe a comisaría de Vigo-Redondela desde a Dirección Xeral da Policía e o Ministerio de Interior.
Para Caballero, o centro debe ter unha catalogación superior porque Vigo é, por tamaño, a décimo cuarta cidade de España e atende a unha media de 450.000 habitantes, entre os dous concellos e a poboación flotante, de maneira que non ten sentido que haxa unha comisaría principal na Coruña para toda Galicia e despois Pontevedra e «desde aí Vigo».
Así, sinalou que contactará co Ministro do Interior e co Director Xeral de Policía para tratar de elevar o nivel da Comisaría de Vigo-Redondela, o que implicará «máis dotación, recursos e, polo tanto, máis atención».