Actualmente e desde o pasado 2 de novembro, o Corredor do Morrazo está pechado ao tráfico no treito comprendido entre os quilómetros 0 e 6, entre Rande e o enlace de Meira, pola necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores no transcurso das obras de conversión en Autovía desta infraestrutura.
Despois da paréntese do Nadal, o vindeiro día 9 de xaneiro o Corredor volverá a pecharse ao tráfico o día 9 de xaneiro ata o final do prazo previsto para o remate das voaduras máis importantes, o 23 de xaneiro.
Esta solución tomouse despois de analizar os estudos e as inspeccións técnicas realizadas que concluíron que era o máis efectivo para poder facer as tarefas con garantías plenas para a seguridade viaria e dos traballadores. Esta alternativa minimiza riscos e concentra os traballos de maior entidade no menor tempo posible, reducindo case á metade o prazo de execución dos desmontes previstos.
A medida está permitir que, ao longo do período de peche da circulación, os traballos nos treitos 1 e 2 da autovía desenvólvanse de xeito continuo e a un ritmo moi intenso, con labores en domingos e festivos.
Durante o tempo de corte, a Xunta reforza a información aos cidadáns e a sinalización para ofrecerlle indicacións concretas e precisas aos usuarios sobre as alternativas de comunicación e os desvíos que poden tomar.