Antes de iniciar a San Silvestre o Alcalde de Nigrán e os membros do clube de Atletismo “Os Argonautas do Miñor” descubrirán a placa que dará nome a esta rua como “Rúa dos Argonautas” despois da proposta levada ao pleno de xuño de 2016 donde Nigrán aprobou nomear esta rúa, a proposta do propio clube de atletismo e respaldada con 355 firmas.
Os Argonautas do Miñor son un club de aficionados ao atletismo da comarca miñorana que ten seu punto de encontro e entrenamento na piscina da Ramallosa. A rúa ata o pasado mes de xuño carecía de nome. Os membros do clube declararon que identifícanse cos aguerridos protagonistas dunha das lenda gregas máis antigas, previa á guerra de Troya, a dos tripulantes de Argos, a nave capitaneada por Jasón, ao que axudaron a lograr o vellocino de ouro para recuperar o trono de Yolcos, en Tesalia, usurpado por su tío Pelías.
“A aposta de este goberno polo deporte é total e absoluta e cremos que o mellor xeito de despedir o ano é facendo deporte, facendoo en comunidade e sobre todo divertíndose para que pouco a pouco sexamos quen de incorporalo ós hábitos dos máis pequenos. O ano 2017 será un ano moi importante para o deporte nigranés xa que disporemos dun pavillón de deportes totalmente renovado, despois de 40 anos no olvido, e dun gran espazo deportivo en Porto do Molle”, indica Juan González, alcalde de Nigrán.