INFANTIL FEMININO: Galicia, 33 – Canarias, 23
As galegas saíron moi metidas no partido, aínda que nos primeiros minutos non foi sinxelo ir abrindo distancias no marcador. Pero con paciencia e unha boa actitude, as galegas foron crecendo (7-5, min. 10; 10-7, min. 15). A partir dese intre, Galicia aumentou a intensidade e roubou moitos balóns o que lles permitiu correr. Así, chegaron ao descanso con sete goles de vantaxe (18-11). Na segunda metade, continuaron moi concentradas para evitar sustos e non deron opción algunha ás canarias sempre con dez o máis tantos de vantaxe.
Desta forma, as galegas logran o pase para as semifinais onde se enfrontarán este venres a partir das 09:30 horas contra Valencia, que arrollou a Navarra nos cuartos (28-14)
Galicia: Laura Pouso, María Currás (4), Cintia Iglesias, Carolina Míguez (1), Area Martínez (1), Antía Estévez, Sara Román (7), Verónica de Cristófaro, Sabela Miniño (6), Jimena García (1), Carla Baltasar (1), Marta Dasilva (6), Lara García (1), Laura Magdaleno (1), Ithaisa Trigo (4), Carmen Fernández.
XUVENIL MASCULINO: Navarra, 25 – Galicia, 28
Magnífica actitude do equipo xuvenil dende o inicio. Os galegos saíron moi concentrados e iso veuse reflectido no marcador dende o primeiro instante cun parcial de 0-4. Esa foi a tónica de toda a primeira metade, na que Galicia logrou a alcanzar unha máxima vantaxe de oito goles no minuto 23 (6-14). Pero Navarra non estaba disposta a perder sen dar a cara e, cun cambio de defensa, os navarros comezaron a recortar distancias. Así chegaron ao descanso 11-16. Na continuación, Navarra cunha defensa moi asfixiante dificultaba o ataque galego e pouco a pouco foron recortando distancias ata lograr poñerse a só un tanto en dúas oportunidades (17-18, min. 40 e 19-20, min. 43). Pero entón, os rapaces dirixidos por Samuel Iglesias amosaron unha gran sangue fría e volveron a coller o mando, cun parcial de 5-0 (19-25, min. 52). Galicia xogaba con solvencia, cun Juan Carlos Rodríguez espectacular en ataque e moi boas paradas de Dani. Pero nos intres finais houbo emoción de máis, ao quedarse Galicia en inferioridade e xogar con certa precipitacións os últimos balóns. Pero non había tempo para máis e na última xogada para Navarra que os podía poñer a un tanto, perderon o balón e Galicia marcou a portería baleira o último tanto.
Galicia xogará este venres a semifinal contra Andalucía ás 13:30 horas. Ambas seleccións coincidiron na fase de grupos e nese partido venceron os andaluces, que foron primeiros de grupo.
Galicia: Juan Carlos Rodríguez (10), Andrés Vila, David Rey, Bruno Vázquez (6), Rokkvi Pacheco, Sergio Lorenzo (2), Mauro Regojos, Daniel Fernández, Álvaro Preciado (2), Miguel Pousa, Javier Figueroa (5), Pablo García, Iago Franco, Lois Pérez, Iñigo Silva, José Leiras (3).
CADETE FEMININO: Andalucía, 26 – Galicia, 30
Gran partido das galegas, que sempre foron por riba no marcador fronte a unha Andalucía que partía como favorita. As xogadoras de Javier Castro realizaron un grandísimo traballo defensivo que contou ademais coa enorme colaboración da porteira Lidia. Así, as galaicas chegaron ao descanso por diante no marcador (11-15), distancia que puido ser maior se non cometesen algúns erros en lanzamento bastante claros. A segunda parte transcorreu como a primeira, a pesar dos continuos cambios de defensa das andaluzas, que tentaban romper a dinámica de Galicia, pero sen éxito. Así, as galaicas mantiveron ese marxe de 4-5 goles que lles permitiu levar o encontro sen excesivos abafos e chegar ao final cun claro triunfo que as coloca en semifinais do Campionato, despois de ascender dende a Copa de España.
Este venres (09:30 horas), semifinais contra Cataluña na loita polas medallas. Cataluña, a pesar de ser un dos favoritos, sufriu para vencer a Navarra (26-25).
Galicia: Lidia Portela, Uxía Ferreiro, Goretti Miguel, Andrea Fernández (4), Silvia Leiras, Ruth Sánchez, Celia Pedreira (2), Ángela Rodríguez (8), Sarai Espiñeira (4), Aitana Santomé (5), Sara López (2), Lara Docampo, Sandra Blanco, Marta Martínez, Estela López (2), Sandra Sánchez (3).
INFANTIL MASCULINO: Galicia, 22 – Valencia, 25
Dura derrota do combinado galego contra Valencia, que lle afasta das medallas despois de facer unha gran fase de grupos. Galicia saíu á cancha moi concentrada e iso mostrouse no marcador, con dominio nos primeiros minutos. Pero pouco a pouco os levantinos foron remontando ata que empataron (6-6, min. 17) e cun parcial de 0-6 lograron abrir unha brecha moi importante no marcador no tramo final da primeira metade (6-11, min. 22). Pero os branquiazuis apertaron nestes últimos minutos e deixaron a vantaxe en só dous goles (9-11, descanso). Na segunda parte, Valencia amosou estar mellor físicamente e grazas ao contraataque e á efectividade do su porteiro David Pérez logrou aumentar a distancia ata os seis tantos. Tamén hai que destacar que Galicia non puido contar ao cento por cento con xogadores tan importantes como Roi Galego ou Mario Cancela, con molestias físicas, pero aínda así deron a cara ata o final.
Este venres, Galicia xogará contra Euskadi, na loita polo quinto posto, a partir das 16:00 horas.
Galicia: Juan Pereira, Carlos Álvarez (5), Alejandro Martínez, Iago Costas, Lois García, José Cerqueiro, Rubén Sequeiros, Roi Galego (2), David Álvarez Henrique Gabriel Lourenco (2), Alejandro López (6), Marco García, Anxo Fontán, Mario Cancela (6), Román Arboleya (1), Rubén Augusto Gallego.
CADETE MASCULINO: Galicia, 26 – Castela a Mancha, 27
Non puido ser. Os cadetes loitaron ata o último balón para acadar o pase ás semifinais, pero non houbo fortuna nos momentos decisivos. Na primeira metade o choque estivo igualado ata o minuto 15 (7-7), pero o equipo galego encadeou varios erros que propiciaron rápidos contragolpes dos manchegos que non desaproveitaron as oportunidades para marcharse no marcador. No descanso, 11-17. A pesar diso, o equipo de Javier Luengo non se desanimou e seguiu traballando para reducir as distancias ata que Brais González logrou empatar o partido a falta dun minuto e medio para o final (26-26). Pero neses últimos segundos, cometeron un erro en ataque, mentres que os manchegos non perdoaron. Gran traballo dos nosos rapaces que agora xa teñen que pensar no partido pola quinta posición. Este venres xogarán contra Euskadi ás 16:00 horas.
Galicia: Víctor Doval, Martín Domínguez, Andrés Alonso, Brais González (5), Pablo González, Juan Enrique Lago, Samuel Couto, Roi Sierra (6), Xurxo Rivas (1), Cristian Remeseiro (3), Rubén Fernández (2), Eduardo José Cousillas (6),Gonzalo Domínguez (2), Bruno Cela (1), Isaac Cabanelas, Samuel Barciela.
XUVENIL FEMININO: Galicia, 33 – Extremadura, 20
Partido para recuperar sensacións despois do duro golpe recibido o mércores pola selección xuvenil feminina ao non poder acadar o ascenso ao Campionato de España polo gol-average. Así, os primeiros minutos foron complicados para as galegas que, aínda que tentaban levantar a cabeza, non tiñan boas sensacións o cal as levaba a un partido moi trabado que beneficiaba ás extremeñas. Desta forma, o choque estivo moi nivelado durante boa parte da primeira metade (min. 19, 9-9). Pero nos últimos dez minutos, Galicia logrou un parcial de 5-1, que lles permitiu chegar con vantaxe ao descanso (14-10). O partido quedou decidido nos primeiros dez minutos da segunda parte, nos que Galicia arrasou a Extremadura logrando máis de dez goles de vantaxe no marcador.
Agora, a preparar as semifinais da Copa de España contra Valencia (18:00 horas).
Galicia: Ainoa López, Débora Garrido, Sandra Fernández (3), Mónica Sineiro, Begoña Otero, Marta Pombal (1), Raquel Sineiro (3), María Pereira (4), Marta Groba (2), Andrea Cores, (3), Carmen Prelchi (1), Uxía López, María Álvarez (6), Paula Alonso, (5), María Groba (2), Sara Estévez (3).