XUVENIL MASCULINO: Andalucía, 21 – Galicia, 24
A selección galega xuvenil masculina acadou a súa clasificación para a final do Campionato de España logrando unha espectacular vitoria contra Andalucía.
Os rapaces de Samuel Iglesias tiñan na mente o que sucedera hai só un par de días na fase de grupos contra Andalucía, e non querían que se volvera a repetir. Así, os galegos saíron á pista moi concentrados e cun altísimo nivel de presión e anticipación nas súas accións, mentres que Dani parecía insuperable en portería. Desta forma, non era sinxelo conseguir goles (3-4, min. 10; 5-7, min. 15). Pasaban os minutos e os galegos mantiñan ese altísimo nivel de concentración e movían o balón con moita rapidez, mentres que os andaluces parecían desconcertados, pero non lle perdían a cara ao partido. Así, chegou o descanso con empate no marcador (12-12) e todo por decidir.
Nada cambiou na segunda metade con respecto a actitude, presión e intensidade dos galegos, pero si no resultado. (16-13, min. 36). O seleccionador galego pediu tempo morto e Juan Carlos Rodríguez freou a escapada dos andaluces cun tanto imposible, tres rápidos contraataques e un lanzamento en xogada (16-18). E todo iso aderezado coas espectaculares paradas de Dani e o impresionante traballo defensivo dos seus compañeiros.
Pero as distancias era moi curtas e tocaba sufrir. E aí non hai que gañe aos galegos que se deixaron a alma en cada balón e así lograron irse de catro tantos (19-23, min. 56). So quedaba pechar o partido, pero non ía ser sen sufrir. Os galegos quedaron en inferioridade numérica (incluso durante algúns segundos con dous xogadores menos) e os andaluces tiveron a oportunidade de poñerse a un tanto de distancia cun lanzamento dende os sete metros, pero se estrelou no pau, e no posterior contragolpe rematou o choque, no que os galegos garantiron a medalla de prata.
Este sábado, gran final entre Galicia e Cataluña (10:00 horas).
Andalucía: Carlos Gurrero (1), Saul André (2), Javier Riu, Rafael Morales, Juan Herrera (1), Francisco Javier Cintas (2), José Andrés Torres (2), Rafael Carlos León (2), Roberto Rodríguez, Antonio Fernández, Javier Lamarca (2), Antonio Serradilla (7), Yago Morenilla, Víctor Mira, Domingo Jesús Luis Mosquera (1), Raul Pavón (1).
Galicia: Juan Carlos Rodríguez (8), Andrés Vila, David Rey, Bruno Vázquez (1), Rokkvi Pacheco, Sergio Lorenzo (3), Mauro Regojos, Daniel Fernández, Álvaro Preciado (4), Miguel Pousa, Javier Figueroa (3), Pablo García, Iago Franco, Lois Pérez, Iñigo Silva, José Leiras (5).
Árbitros: Francisco Israel Chicharro e Sergio Estelles (Valencia).
Parciais: 3-2, 3-4, 5-7, 8-9, 9-10, 12-12 (descanso), 15-13, 16-16, 17-19, 19-21, 19-22, 21-24 (final).
INFANTIL FEMININO: Galicia, 22 – Comunidade Valenciana, 29
Non puido ser. As galegas quedaron ás portas da final despois de caer ante Valencia nun magnífico encontro. E iso a pesares de que o partido comezou cun parcial de 0-4 para as valencianas. Pero as rapazas dirixidas por Carla Abad non se puxeron nerviosas e apertaron en defensa para ir remontando e igualar o choque moi pronto (antes do minuto 10). A igualdade entre os dous equipos era evidente e nin Valencia ni Galicia parecía encontrarse excesivamente cómodas. Aínda así, eran as branquiazuis, cunha gran defensa, as que ían por diante no marcador, pero sen lograr escaparse no marcador. Así, alcanzouse o descanso cun resultado de 13-12 para Galicia.
Na continuación o partido seguía igualado e así descorreu ata que mediada a segunda parte (17-17, min. 12; 19-20, min. 15). Pero a Comunidade Valenciana, cunha Paola Bernabé espectacular, acadou un parcial de 3-0, que xa resultou insuperable para as galegas (19-22). A pesar de non encontrar o camiño da remontada, as galegas deron a cara en todo momento.
Este sábado Galicia loitará por acadar a medalla de bronce contra Madrid (09:00 horas), que este venres perdeu ante Cataluña.
Galicia: Laura Pouso, María Currás, Cintia Iglesias, Carolina Míguez, Area Martínez (1), Antía Estévez, Sara Román (6), Verónica de Cristófaro, Sabela Miniño (2), Jimena García, Carla Baltasar (1), Marta Dasilva (5), Lara García, Laura Magdaleno, Ithaisa Trigo (7), Carmen Fernández.
Com. Valenciana: Paula Vicente, Irene Botella (4), Ana Adrián (5), Miryam Ortiz (7), Daniela García, Mónica Jiménez (1), Elena Macía (4), Paola Bernabé (8), María Rodríguez, Khadija Lafsahi, María Martín, Lucía Pastor, Ainara Pérez, Aitana Pastor.
Árbitros: Patricia Del Valle e David Gallego (Andalucía).
Parciais: 2-4, 6-5, 8-7, 10-8, 13-12 (descanso), 15-15, 17-17, 19-20, 20-23, 22-29 (final).
CADETE FEMININO: Galicia, 23 – Cataluña, 27
A selección galega cadete feminina plantou cara a Cataluña nunha fermosa semifinal que so se decidiu pola impresionante actuación da porteira catalá, que parou todo e máis nos momentos decisivos do choque.
Galicia, apoiada nunha boa defensa, comezou mandando no marcador. As galaicas tiveron unha distancia máxima de catro tantos (7-3, min. 14). Pero se nos primeiros quince minutos, Galicia estivo case perfecta, despois cometeu algúns erros no lanzamento que permitiu a remontada de Cataluña que logrou marcharse ao descanso con vantaxe (12-14).
Na segunda metade a actuación da porteira catalá Carolina Vázquez foi decisiva. As galaicas, cun traballo case perfecto tanto en ataque coma en defensa, foron remontando, ata alcanzar o empate no marcador (18-18, min. 16). Pero novamente volveu aparecer a figura da meta catalá para axudar ao seu equipo e volver escaparse (18-22), xa dunha forma definitiva.
Este sábado toca loitar polo bronce contra a selección madrileña (09:00 horas).
Galicia: Uxía Ferreiro, Andrea Fernández (2), Silvia Leiras, Celia Pedreira, Lidia Portela, Ruth Sánchez, Marta Martínez, Ángela Rodríguez (3), Estela López, Sandra Blanco, (3), Antía Seijo (2), Sandra Sánchez (5), Sara López (1), Sarai Espiñeira (7), Goretti Miguel, Lara Docampo.
Cataluña: Carolina Vázquez, Berta Fernández (5), Raquel More, Julia Clascá, Irene Montero (6), Jana Castañera (6), Martina Capdevila, Ane Crespo, Mireia Heredia, Ona Vila (5), Elena Rodríguez, Carla Cerezo (1), Marina Rodríguez (4), Alba López, Laura Rodríguez, María Muñoz.
Árbitros: Alejandro Núñez e Jorge Rodríguez (Andalucía).
Parciais: 2-1, 5-3, 7-3, 8-7, 11-10, 12-14 (descanso), 14-16, 14-16, 15-18, 18-21, 19-24 e 23-27 (final).
INFANTIL MASCULINO: Galicia, 33 – Euskadi, 19
Sen contemplacións. Aos infantís galegos a derrota do xoves lles serviu para saír máis motivados que nunca e demostrar cal é o nivel do balonmán galego. Desta forma, unha Galicia extraordinaria e extra-motivada non deu opcións á vinganza de Euskadi, que xa caira derrotada ante os galaicos na fase de grupos. Euskadi non estivo nunca por diante no marcador e o resultado ao descanso (17-10) xa presaxiaba que sería un resultado duro para os vascos. O encontro permitiu facer rotacións que axudan a afrontar con excelentes sensacións a loita polo 5° quinto.
Este sábado 7 de xaneiro: Galicia-Navarra (10:30 horas)
Galicia: Carlos Álvarez (4), Henrique Gabriel Lourenco (2), Iago Costas, Lois García, José Cerqueiro, Anxo Fontán (5), Roi Gallego (2), Rubén Sequeiros, Alejandro Martínez (1), Alejandro López (5), Juan Pereira (1), Marco García, Mario Cancela, David Álvarez (2), Román Arboleya (5), Rubén Augusto Gallego (6).
CADETE MASCULINO: Euskadi, 33 – Galicia, 35
Galicia superou a Euskadi nun partido moi complicado no aspecto anímico, despois da dura eliminación do xoves nas semifinais.
Así, aos galegos lles custou entrar no choque e na primeira metade foron sempre a remolque no marcador. Desta forma, chegaron a ir seis goles por baixo nos instantes finais da primeira parte (20-14, min. 26). O seleccionador Sergio Carballeira tivo que facer máis que nunha de psicólogo para conseguir recuperar aos seus xogadores, que pouco a pouco se centraron no choque e foron recortando distancias. Ao descanso, 21-18 para Euskadi.
Tralo descanso, continuou a remontada ata acadar o primeiro empate no minuto 42 (25-25). Os vascos aínda volveron a poñer distancia (29-26), pero os galegos xa estaban decididos a ir polo triunfo e non baixaron os brazos ata darlle a volta ao marcador e acadar a vitoria.
Agora, coa moral recuperada a buscar a quinta posición no campionato. Andalucía-Galicia (10:45 horas).
Galicia: Pablo González, Martín Domínguez (1), Andrés Alonso (2), Brais González (1), Víctor Doval, Juan Enrique Lago (5), Samuel Couto (1), Roi Sierra (5), Xurxo Rivas (4), Cristian Remeseiro, Rubén Fernández (1), Eduardo José Cousillas (2),Gonzalo Domínguez (4), Bruno Cela (1), Isaac Cabanelas (1), Samuel Barciela (7).
XUVENIL FEMININO: C. Valenciana, 33 – Galicia, 29
A selección galega non puido clasificarse para a final da Copa de España, tras caer derrotas contra Valencia este venres. O partido foi dominado dende o inicio por Valencia, pero con distancias curtas o que lles permitía as rapazas de Javier Luengo manterse no choque ata os instantes finais.
Este sábado xogarán polo terceiro posto na Copa de España contra Aragón (09:00 horas).
Galicia: Ainoa López, Raquel Sineiro, Paula Alonso (1), Carmen Prelchi (13), Marta Pombal (2), Marta Groba (1), Mónica Sineiro, Uxía López (2), Begoña Otero, María Groba, María Pereira, María Álvarez (3), Andrea Cores, Débora Garrido (1), Sandra Fernández (6), Sara Estévez.