O rexedor vigués valorou este venres a presentación de Vigo na Feira Internacional de Turismo, que tivo lugar onte en Madrid, coa candidatura das Illas Cíes a Patrimonio Medioambiental da Humanidade como bandeira. Caballero saudou o «gran éxito» do acto de onte e revelou que a das Cíes foi a única candidatura deste tipo presentada en FITUR.
O rexedor vigués avanzou que a próxima semana se contratará a elaboración dun documento inicial para a presentación oficial da candidatura das Illas Cíes. «Todo sinala que o imos conseguir», asegurou Caballero, «pero tamén queremos facer un camiño útil, porque será tamén a promoción continua de Vigo a través da gran bandeira da candidatura de Cíes».