A vía, que une as parroquias de Nigrán e Panxón, conta coas beirarrúas peor conservadas de todo o municipio, acumulando decenas de denuncias dos veciños debido a que o seu estado produce lesións e accidentes e incumple tódalas normas de accesibilidade. Tal e a súa situación que toda a corporación ao completo aprobou unha moción no pleno de xullo reclamando á Xunta a súa reparación urxente para posteriormente cederlle a titularidade ao Concello co fin de que poida ocuparse da súa xestión. Ademáis da mellora urxente das beirarrúas é imprescindible a reparación do seu firme, o pintado do mesmo e a instalación de medidas correctoras de velocidade para evitar accidentes, así como o arranxo na rede de saneamento e pluviais. «A situación desta estrada resulta vergoñenta, toda a corporación coincide nelo e así llo transmitimos a Xunta, que unha vez máis prefire ver para outro lado», considera o alcalde, Juan González.
Non é esta a única enmenda relativa a estradas de titularidade autonómica, así, o goberno de Nigrán, a través do PSdG, incluíu un ano máis a sustitución de pluviais, saneamento, reparación e accesibilidade das beirarrúas da Avda.Portugal dende A Ramallosa ata o centro de saúde de A Xunqueira, estimado en 540.000 euros. É a segunda vez que o goberno nigranés reclama á Xunta que reflicta nas súas contas estas obras sen obter resposta favorable.
Por outra banda, se demanda a instalación de saneamento nas rúas Lagoíña, Xestal e Palomar, cuestión que figuraba no convenio asinado en 2013 coa Xunta para levar o abastecemento de auga á parroquia de Parada pero que o goberno autonómico revocou unilateralmente no verán de 2015.
Finalmente, o Concello de Nigrán engade unha enmenda para pedir a reparación integral e peche do pavillón polideportivo do IES Escolas Proval, orzamentado en 275.000 euros.
«Non ter en conta estas enmendas significa un agravio comparativo cos veciños de Nigrán, que ven como a Xunta non atende as cuestións que lle corresponden», valora o rexedor.