O alcalde visitou esta mañá as obras da cuarta fase da humanización da Avenida das Camelias na que se vai reformar un tramo de case 300 metros comprendido entre Doutor Marañón e Juan Ramón Jiménez. Segundo detallou, renovarase o saneamento e o abastecemento, que estaba rebentado en moitas zonas, así como o pavimento e as beirarrúas. O proxecto prevé manter as 77 árbores e os 26 farois existentes -aínda que se equiparán con leds- e instalaranse 4 papeleiras, 2 bancos e 9 xardineiras.
O investimento destas obras ascende a case 800.000 euros, unha cantidade que se eleva a máis de 4,5 millóns se sumamos as tres fases de traballos executados xa nesta rúa. O prazo de execución é de aproximadamente catro meses. Na visita, Caballero estivo acompañado polo segundo tenente de alcalde, David Regades e a concelleira de Turismo, Ana Laura Iglesias.