O Concello solicitará a bandeira azul para nove areais: A Punta, Tombo do Gato, Argazada, Fontaíña, Vao, Canido, Fortiñón, Rodas e Figueiras. Amais pedirá a renovación dos galardóns de tres Sendeiros Azuis: a ruta do Lagares «camiño a Beiramar», a Senda Entre Faros nas Illas Cíes e a Senda Litoral e do Monte da Guía en Teis.
Así mesmo, quedou aprobada a clasificación de ofertas para a contratación do servizo de mantemento integral do exotario e do bolboretario do Zoo cun importe de licitación de 167.000 euros en 3 anualidades.