Dáse así cumprimento ao acordo acadado o pasado 31 de xaneiro entre o presidente da Xunta e o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, que avanzaron a constitución da comisión sobre a AP-9 neste mes de febreiro.
Nesta xuntanza os representantes de ambas administracións abordaron tanto a situación das obras en marcha na autoestrada como os avances nas actuacións planificadas na AP-9. Neste sentido, o Ministerio de Fomento avanzou que no vindeiro mes de abril prevé licitar as obras do novo acceso á Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
O Ministerio de Fomento tamén confirmou a vontade de aplicar as medidas precisas para paliar o impacto do ruído nas zonas afectadas polas obras de ampliación da autoestrada en Redondela.
Ademais, os responsables de ambas administracións abordaron a situación do treito urbano da AP-9 na cidade de Vigo e acordaron solicitarlle ao Concello da unha proposta técnica para a remodelación do ámbito.
No encontro tamén se estableceu que a Xunta e o Ministerio de Fomento realizarán un seguimento das medidas adoptadas para evitar retencións nas áreas de peaxe nas épocas do ano nas que se rexistra máis tráfico.