Carmela Silva subliñou que deste xeito se cumpre “cunha reclamación” de fai varios anos e que servirá para que a Colexiata volva a contar cunha réplica da peza histórica deste tímpano.
O tímpano na súa parte da dereita amosa a imaxe da “anunciación”. Na parte central e cara a esquerda, con vestixios de policromía, aparece a “adoración dos Reis Magos” destacando no corpo central a imaxe da Virxe, do neno e dunha estrela máis dous Reis Magos e, á esquerda, outro Rei Mago xunto a tres cabalos.
A presidenta da Deputación destacou o traballo feito polo alumno da Escola de Cantería Raúl Moreno de Paz que dedicou a este traballo aproximadamente 600 horas para o seu remate.
A Deputación de Pontevedra está impulsando a Escola de Cantería con fin de recuperar, manter e poñer en valor un dos oficios máis tradicionais da nosa terra: o de canteiro e canteira. Pero tamén está a impulsar a conservación e recuperación do patrimonio histórico-artístico da nosa provincia no que a pedra, o granito, é un dos grandes protagonistas.