O goberno de Vigo vén de aprobar o proxecto de reforma da estrutura e pavimento do pavillón municipal de Monte da Mina, en Castrelos, mellora na que o Concello prevé investir 260.000 euros e executala en catro meses.
Segundo explicou Caballero, este recinto vese afectado polo deslizamento de terras, o que produciu gretas na pista e modificacións «lixeiras» na estrutura do pavillón «que hai que corrixir». O Concello proxecta reconstruir a fachada afectada e renovar o pavimento deportivo, ademais de mellorar a recollida de augas, o aspecto exterior do edificio, entre outras melloras.