O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este xoves unha nova fase da humanización da Avenida de Castelao, no treito comprendido entre as rúas Porriño e Redondela, na que o goberno local inviste 250.000 euros.
O Concello, segundo os datos ofrecidos polo rexedor esta mañá, está a actuar sobre 400 metros de rúa, renovando tanto beirarrúas como 800 metros de canalizacións soterradas de saneamento e abastecemento de auga. A humanización contempla 37 árbores, papeleiras e xardineiras, unha mellora «como corresponde a esta zona e para continuar coa humanización de toda a zona de Coia», en verbas de Caballero.