Tras finalizar o prazo o pasado 6 de marzo para que as persoas interesadas solicitaran a súa inclusión no sorteo, o procedemento para a adxudicación destas 6 vivendas de protección autonómica (VPA) segue o seu ritmo administrativo e nos vindeiros 15 días procederase á publicación do listado provisional de admitidos e excluídos. Despois publicarase o listado definitivo de admitidos e, para rematar, convocarase a data do sorteo que, segundo as estimacións previstas, será a mediados ou finais do mes de abril.
Así, para os dous procedementos de adxudicación de vivendas na rúa Ferrería, concretamente para os números 10-12 e 45-47, houbo un total de 58 persoas que solicitaron a súa participación no sorteo.
As 2 vivendas emprazadas na rúa Ferrería 10-12 dispoñen dunha superficie de 56,79 metros cadrados ademais dun rocho, e o prezo de venda vai de 90.000 a 95.000 euros.
As outras catro vivendas situadas en Ferrería 45-47 teñen superficies que van dende 55 a 109 metros cadrados e prezo de venda entre 83.000 e 175.000 euros.
Emprazamento |
Características das vivendas |
Prezo de venda |
Ferrería 10-12 |
1º piso. 56,79 m2 + rocho |
90.186 € |
Ferrería 10-12 |
2º piso 56,79 m2 + rocho |
95.056 € |
Ferrería 45-47 |
1º A. 55,65 m2 |
83.475 € |
Ferrería 45-47 |
1º B 76,12 m2 |
114.180 € |
Ferrería 45-47 |
2º A. 56,65 m2 |
90.640 € |
Ferrería 45-47 |
2º B. 109,75 m2 |
175.600 € |
Ademais, esta mesma semana, o delegado territorial da Xunta e presidente do CCVV, Ignacio López-Chaves, firmou a escritura de compravenda dun dos locais comerciais que ata o de agora estaba en réxime de aluguer na rúa Abeleira Menéndez. Trátase do primeiro baixo comercial rehabilitado polo Consorcio e alugado no que se exerce o dereito a compra.