O Teatro García Barbón de Vigo acolleu este luns a gala de entrega dos Vigueses Dinstiguidos e da Medalla da Cidade. Belén Rubido Armesto, decana da Facultade de Ciencias do Mar, foi a encargada de leer o bando da Reconquista, no que fixo un chamamento á cidade para volcarse no mar e recuperar o liderazgo investigador.
«É preciso reconquistar a posición investigadora no contexto internacional, e ao igual que fixeron os nosos antepasados fronte aos galos, Vigo debe liderar este proceso, no que é imprescindible unha maior implicación e responsabilidade por parte das administracións públicas», sinalou Rubido no seu discurso.
Pola súa banda, o alcalde, Abel Caballero, destacou os avances da cidade durante os últimos anos. «Na historia, a tenacidade, no presente, o cambio, e no futuro, camiño e rumbo ao destino. Na historia, tantos bos e difíciles momentos que celebramos e remontamos. A Reconquista. As crises da pesca, a brillante construción da cidade do século XX, o avance do Porto», destacou o rexedor.
Na gala foi entregada a Medalla da Cidade 2017 ao Centro Oceanográfico de Vigo, mentres que o nomeamento como Vigueses Distinguidos recaeron este ano no Centro Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo (CRACC), José Silveira Cañizares, Ramón Patiño Gómez, Conservatorio Mayeusis, á catedrática Mercedes Oliveira Malvar, aos colexios As Acacias e Montecastelo, e á Asociación de Comerciantes e Hostaleiros Vigo Vello.