O rexedor cualificou de «excepcional» a celebración da Reconquista o pasado fin de semana, cun «cheo total de xente, tanto sábado como o domingo». Esta gran romaría urbana contou con gran afluencia de habitantes de Vigo e de toda a área metropolitana, que viñan a pasear, a divertirse nas rúas do Casco Vello. Respecto a seguir mellorando a festa, avanzou á intención do goberno local de reclamar o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional así de como buscar fórmulas para lograr maior participación da xente na escenificación deste episodio histórico.