Os dispositivos, debidamente sinalizados para resultar visibles e co lema ‘Recolle as cacas do teu can, é a túa responsabilidade’, dispensan tamén bolsiñas-guante e están ubicados en Priegue (ao lado do quiosco, na avenida Pablo Iglesias), Nigrán (Praza Rosalía de Castro e Concello), Ramallosa (Parque da Alameda de San Campio e parque Carlos Casares, no entorno da piscina mancomunada) e Praia América (paseo dende Panxón a Lourido). O obxectivo que se persigue é facilitar aos donos de cans as tarefas de limpeza e, simultáneamente, concienciar á veciñanza da irresponsabilidade e incivismo que supón non recoller os excrementos da rúa, unha acción sancionada ata con 600 euros de multa.
«Damos resposta a unha demanda veciñal e contribuímos a concienciar sobre as obrigas que conleva ter animais. Estos son os primeiros en instalarse, próximamente se irán engadindo máis a outras zonas que tamén o demandan», explica Diego García, concelleiro de Medio Ambiente. Os sanecáns serán vaciados diariamente por traballadores de Cespa, mentras que operarios municipais se encargarán da reposición tamén diaria das bolsiñas-guante para que sempre poidan estar operativos.
Esta campaña realizouse a custo cero para o Concello ao correr toda a cargo dos fondos que a concesionaria Cespa debe achegar a medidas de concienciación social (a partida total neste ámbito é de 8.000 euros anuais). O modelo elexido de sanecán e o ‘Madrid’, fabricado en aceiro cun pintado verde antigraffiti e cun contedor central con capacidade para 55 litros e dous dispensadores de bolsas-guante de 100 unidades cada un deles