Ningunha das entidades participantes logrou repetir título, pero estiveron cerca de facelo o Lérez e o Choco, que disputaron dúas fanais. O club de Pontevedra foi o mellor na categoría alevín, na que superou no partido definitivo ó Choco A (2-0). Completou o podio o Santiago ó gañar a final de consolación ó Porriño (1-2).
Na idade benxamín chegou a vitoria local. O Choco A superou na final de xeito claro ó Perspectiva en Jogo luso (5-1). O equipo de Viana do Castelo, único representante portugués no torneo, realizou un gran papel para ser segundo. Na terceira praza rematou o Val Miñor ó derrotar ó Santiago (2-3).
Os cativos da idade prebenxamín deixaron un torneo cun numeroso público. Como é habitual nestes eventos, é a categoría con maior expectación e así quedou reflectido en Santa Mariña. O cadro de honra encabezouno a Moañesa, que superou na final ó Lérez (1-3). O club de Pontevedra amosaba de novo o seu coidado da canteira. Na terceira praza rematou o Coruxo tras superar na quenda de penaltis ó Santiago. O final do partido o resultado foi de 2-1.
O evento deixou grandes momentos de fútbol de canteira e tamén moitas vivencias para os pequenos xogadores durante o torneo. Cada equipo disputou entre seis e sete partido, polo que todos os cativos tiveron unha presenza importante sobre o céspede de Santa Mariña. O Choco organizou o evento coa implicación dos seus monitores e directivos -que botaron ó redor de 12 horas no campo-, de xeito que gran parte da familia do club estivo presente nun evento con máis de 300 cativos sobre o céspede. O torneo pode considerarse un éxito a nivel deportivo, organizativo e social.