A competición ten fixadas para a tarde do sábado as dúas semifinais -Bm. Narón-Seis do Nadal (18:30 h) e Acanor Novás B-Bm. Culleredo (20:30 h)- e para a mañá do domingo os partidos que definirán o terceiro e cuarto posto (10:30 h) e a final (12:30 horas).
Unha vez rematada a liga regular e despois do parón debido as festividades da Semana Santa, o equipo que adestra Jimy Fernández centrarase na preparación deste torneo no que aspira a facer un bo papel diante da súa afección.
Para a mañá do domingo, a entidade rosaleira ten varias actividades preparadas: a primeira, para os máis pequenos, xa que se colocarán inchables e a segunda gastronómica: un pulpeiro á última hora da mañá.